Sandra Sabatés recolle neste libro testemuños de violencia contra as mulleres: unha realidade que transcende as fábulas e os contos de sempre.
Detrás de moitos príncipes escóndense lobos feroces.
Brancaneve lanzouse en brazos dun amor que creu perfecto e que a acabou anulando; a Bela Dormente caeu nun soño forzado e, cando espertou, sufrira unha violación; a Ariel arrincáronlle unha parte do seu corpo baixo o pretexto de alcanzar a pureza; Caperuciña foi ás festas de San Fermín e foi violada por cinco lobos, a Manda de Pamplona. Todos eles son testemuños reais.