ám@me : Pensar o amor no século XXI / Chis Oliveira Malvar e Amada Traba Díaz
by Oliveira, Chis; Oliveira Malvar, Chis e Traba Díaz, Amada [Author].
Type: BookSeries: Feminismos ; 3.Publisher: Vigo : Galaxia , 2019 Edition: 1ª ed.Description: 347 p. ; 21 cm.ISBN: 9788491512639.Subject(s): Amor | Pornografía | Afectividade | Redes sociais | Feminismo | Machismo | SexualidadeOnline resources: Click here to access online Abstract: ám@me. Pensar o amor no século XXI é un libro que aborda da man de dúas das expertas que máus e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor. Porque a amar apréndese. Mais cómpre tyamén desaprender os modelos nocivos baseados nos mitos románticos, unha sexualidade condicionada pola pornografía e, en definitiva, polos modelos esmagadores do patriarcado, elementos todos aos que está exposta a nosa mocidade sen que poidan facer moito por evitalos. Chis Oliveira e Amada Traba deitan a súa ollada, dun xeito accesible e divulgativo, sobre a complexidade do amor nestes tempos onde todo cambia á velocidade da luz. Nestas páxinas atoparemos diseccionados, entre outros asuntos, o amor romántico, o concepto de “normalidade” no que ao sexo e o amor se refire, ou como o patriarcado constrúe o xénero e a idea do amor… non quedan fóra as cuestións, importantísimas, das identidades sexuais (feminidade, masculinidade, trans e inter), as redes sociais ou a violencia no contorno da parella. Un libro pois, para pensar o amor e para aprender a des-pensalo, animándonos a ensaiar modelos máis amplos e enriquecedores. List(s) this item appears in: Selección para familiasám@me. Pensar o amor no século XXI é un libro que aborda da man de dúas das expertas que máus e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor. Porque a amar apréndese. Mais cómpre tyamén desaprender os modelos nocivos baseados nos mitos románticos, unha sexualidade condicionada pola pornografía e, en definitiva, polos modelos esmagadores do patriarcado, elementos todos aos que está exposta a nosa mocidade sen que poidan facer moito por evitalos. Chis Oliveira e Amada Traba deitan a súa ollada, dun xeito accesible e divulgativo, sobre a complexidade do amor nestes tempos onde todo cambia á velocidade da luz. Nestas páxinas atoparemos diseccionados, entre outros asuntos, o amor romántico, o concepto de “normalidade” no que ao sexo e o amor se refire, ou como o patriarcado constrúe o xénero e a idea do amor… non quedan fóra as cuestións, importantísimas, das identidades sexuais (feminidade, masculinidade, trans e inter), as redes sociais ou a violencia no contorno da parella. Un libro pois, para pensar o amor e para aprender a des-pensalo, animándonos a ensaiar modelos máis amplos e enriquecedores.